Clave pregunta | Pregunta | Resposta correcta |
---|
Pregunta 1.1 | Naceu tras unha cesárea que o seu coxo cirurxián realizou con boa cabeza. | ATENEA // MINERVA // ATENA |
Pregunta 1.2 | Procura caerlle ben, porque, aínda que é un deus sanador, tamén envía pragas e mata de súpeto. | APOLO |
Pregunta 1.3 | En latín: personaxe híbrido tan mañoso na arte da medicina que imparteu o seu maxisterio ao mismísimo fillo de Apolo. | CHIRON // CHIRO |
Pregunta 2.1 | Nome que recibían os médicos itinerantes en Grecia. | PERIODEUTAS // PERIODEUTA |
Pregunta 2.2 | En latín: se estabas no exercito romano ías a este hospital. | UALETUDINARIUM // VALETUDINARIUM |
Pregunta 2.3 | Un pau de madeira, unha acha ou unha pluma, destes materiais estaba feito o instrumento que usaban os romanos para protexer a súa saúde dental. Dime o seu nome en latín. | DENTISCALPIUM |
Pregunta 3.1 | Despois de ser humillado e mesmo multado, foi chamado de novo para conter os estragos da segunda onda da peste que arrasaba súa cidade, pero contaxiuse e morreu aos poucos meses. | PERICLES |
Pregunta 3.2 | Crotoniata por cuxos sevizos poxaron varias cidades e que foi médico contra a súa vontade na corte do Gran Rei ata que conseguiu enganar a este e escapar á súa patria. | DEMOCEDES // DEMÓCEDES |
Pregunta 3.3 | Practicou a medicina en Roma como cirurxián militar na segunda metade do s. I, pero foi sobre todo un recompilador de material médico, como plantas e sustancias de orixe animal. | DIOSCÓRIDES |
4.1: Pista 1 de Preguntón | Para este autor non había moita diferencia entre un médico e un sepultureiro. | MARCIAL |
4.2: Pista 2 de Preguntón | Aínda que é coñecido como lugar relacionado coa medicina, Homero menciona as súas vides. | EPIDAURO |
4.3: Pista 3 de Preguntón | Segundo unha obra tráxica, atopa os farrapos cheos de pus dun arqueiro ferido. | NEOPTÓLEMO |
4.4: Pista 4 de Preguntón | Famosa enfermidade que padeceron varios poetas como Lucrecio, Catulo u Ovidio. | AMOR |
4.5: Pista 5 de Preguntón | Causou unha tráxica peste que só o seu desterro puido solucionar. | EDIPO |
4.6: Pista 6 de Preguntón | Di Plinio que este autor concede a unha valiosa resina propiedades contra a loucura. | CALÍSTRATO // CALISTRATO |
4.7: Pista 7 de Preguntón | Segundo Plinio con este xénero de plantas faise un colirio utilizado para diferentes enfermidades oftálmicas. En latín. | HIERACIUM // HYSSOPUS |
4.8: Pista 8 de Preguntón | Célebre cirurxián de afiado nome, que curou a moitos guerreros e foi el mesmo ferido. Cóntanolo un famoso poeta na súa obra. | MACAÓN |
4.9: Pista 9 de Preguntón | Unha máscara non te protexería da pandemia que orixina esta obra, porque a causou unha divina vinganza. | ILÍADA // ILIADA |
4.10: Preguntón | Título dunha famosa comedia romana na que un médico, soberbio á par que ignorante, tenta pescudar a causa dunha loucura finxida. Contesta en latín, nominativo plural. | MENAECHMI |
Cando se admiten varias solucións para unha pregunta, as distinas solucións posibles aparecen separadas por