CONCVRSO
DE CVLTVRA CLÁSICA
ODISEA 2021

GALICIA



SOLUCIÓNS A PREGUNTAS ANTERIORES

Clave preguntaPreguntaResposta correcta
Pregunta 1.1Naceu tras unha cesárea que o seu coxo cirurxián realizou con boa cabeza. ATENEA // MINERVA // ATENA
Pregunta 1.2Procura caerlle ben, porque, aínda que é un deus sanador, tamén envía pragas e mata de súpeto.APOLO
Pregunta 1.3En latín: personaxe híbrido tan mañoso na arte da medicina que imparteu o seu maxisterio ao mismísimo fillo de Apolo.CHIRON // CHIRO
Pregunta 2.1Nome que recibían os médicos itinerantes en Grecia.PERIODEUTAS // PERIODEUTA
Pregunta 2.2En latín: se estabas no exercito romano ías a este hospital.UALETUDINARIUM // VALETUDINARIUM
Pregunta 2.3Un pau de madeira, unha acha ou unha pluma, destes materiais estaba feito o instrumento que usaban os romanos para protexer a súa saúde dental. Dime o seu nome en latín. DENTISCALPIUM
Pregunta 3.1Despois de ser humillado e mesmo multado, foi chamado de novo para conter os estragos da segunda onda da peste que arrasaba súa cidade, pero contaxiuse e morreu aos poucos meses.PERICLES
Pregunta 3.2Crotoniata por cuxos sevizos poxaron varias cidades e que foi médico contra a súa vontade na corte do Gran Rei ata que conseguiu enganar a este e escapar á súa patria.DEMOCEDES // DEMÓCEDES
Pregunta 3.3Practicou a medicina en Roma como cirurxián militar na segunda metade do s. I, pero foi sobre todo un recompilador de material médico, como plantas e sustancias de orixe animal.DIOSCÓRIDES
4.1: Pista 1 de Preguntón Para este autor non había moita diferencia entre un médico e un sepultureiro.MARCIAL
4.2: Pista 2 de Preguntón Aínda que é coñecido como lugar relacionado coa medicina, Homero menciona as súas vides.EPIDAURO
4.3: Pista 3 de Preguntón Segundo unha obra tráxica, atopa os farrapos cheos de pus dun arqueiro ferido.NEOPTÓLEMO
4.4: Pista 4 de Preguntón Famosa enfermidade que padeceron varios poetas como Lucrecio, Catulo u Ovidio.AMOR
4.5: Pista 5 de Preguntón Causou unha tráxica peste que só o seu desterro puido solucionar.EDIPO
4.6: Pista 6 de Preguntón Di Plinio que este autor concede a unha valiosa resina propiedades contra a loucura.CALÍSTRATO // CALISTRATO
4.7: Pista 7 de Preguntón Segundo Plinio con este xénero de plantas faise un colirio utilizado para diferentes enfermidades oftálmicas. En latín.HIERACIUM // HYSSOPUS
4.8: Pista 8 de Preguntón Célebre cirurxián de afiado nome, que curou a moitos guerreros e foi el mesmo ferido. Cóntanolo un famoso poeta na súa obra.MACAÓN
4.9: Pista 9 de Preguntón Unha máscara non te protexería da pandemia que orixina esta obra, porque a causou unha divina vinganza.ILÍADA // ILIADA
4.10: PreguntónTítulo dunha famosa comedia romana na que un médico, soberbio á par que ignorante, tenta pescudar a causa dunha loucura finxida. Contesta en latín, nominativo plural.MENAECHMI
5.1: Pista 1 de Preguntón En latín: Foi repudiado debido á súa pestilente ferida aínda que finalmente puido participar na gran guerra, na que deu morte coas súas frechas ao amante da máis fermosa entre as fermosas.PHILOCTETES // PHILOCTETA
5.2: Pista 2 de Preguntón Escritor e médico que relacionaba o estado de ánimo coa estabilización dos líquidos internos do corpo humano.HIPÓCRATES
5.3: Pista 3 de Preguntón Famoso médico dun emperador que mellorou un antídoto contra os envelenamentos.ANDRÓMACO
5.4: Pista 4 de Preguntón O herbolario que, na antiga Grecia, cortaba raíces para elaborar medicamentos.RIZÓTOMOS // RIZÓTOMO // RIZOTOMO // RIZOTOMISTA
5.5: Pista 5 de Preguntón Teofrasto conta que esta planta, que nunha ocasión salvou a un heroe, era medicamento contra a bruxería.MOLY // MOLU
5.6: Pista 6 de Preguntón Plinio cóntanos que este médico foi chamado o "torturador" debido á súa afección a cortar polo san.ARCAGATO // ARCÁGATO
5.7: Pista 7 de Preguntón Cidade famosa polo seu templo consagrado á medicina e por ser un dos principais berces desta profesión.COS
5.8: Pista 8 de Preguntón As erinias fixeron tolear a este parricida.ORESTES
5.9: Pista 9 de Preguntón Nesta comedia descríbese con detalle o proceso de curación que se segue no templo de Asclepio.PLUTO
5.10: Pista 10 de Preguntón Este autor Hispano atribúe a peste antonina a unha causa relixiosa, provocada por un emperador.OROSIO
5.11: Pista 11 de Preguntón Esta enfermidade mental, na que o doente se comporta como un animal, ten o mesmo nome que a transformación que sufriu un rei mítico como castigo por realizar sacrificios humanos.LICANTROPÍA
5.12: Pista 12 de Preguntón Esconxuro máxico curativo, que perviviu ata os nosos días, presente nun libro de receitas do século III d.C.ABRACADABRA
5.13: PreguntónSe en Grecia o galeno non te sanaba, sempre podías acudir a este especialista.PHARMACOPOLA
6.1: Pista 1 de Preguntón Esta intoxicación toma o nome dun deus agricultor e de estraños gustos gastronómicos.SATURNISMO
6.2: Pista 2 de Preguntón Un famoso historiador cóntanos a historia deste guerreiro, que tivo que retirarse da batalla por unha infección ocular e foi tachado de covarde ao regresar da súa cidade, aínda que puido redimirse logo.ARISTODEMO // ARISTÓDEMO
6.3: Pista 3 de Preguntón Esta divindade acompañábate na recuperación da enfermidade.TELESFORO // TELÉSFORO
6.4: Pista 4 de Preguntón En latín: O de Mende era usado como medicamento para problemas nos riles.VINUM // UINUM // VINVM
6.5: Pista 5 de Preguntón Médico ecléctico que comparou anatómicamente ao home co mono, e contribuíu á valoración do pulso.RUFO // RUFUS
6.6: Pista 6 de Preguntón Obra cómica na que aparecen os médicos "técnicos" como sofistas e pedantes.NUBES
6.7: Pista 7 de Preguntón Este gran deportista encomiado por Platón, seguía a machada, como atleta primeiro e como adestrador despois, un método que combinaba a dieta frugal coa abstinencia dos praceres de Afrodita.ICO
6.8: Pista 8 de Preguntón En latín: Non era doado atopar unha se se buscaba que reunise todas as condicións que apuntaba Sorano.NUTRIX // NVTRIX // NUTRICULA // NVTRICVLA
6.9: Pista 9 de Preguntón Este médico practicou un método curativo que, sen dúbida, apoiarían os adegueros.ASCLEPÍADES // ASCLEPIADES
6.10: PreguntónEn latín: Esta lusitana axudaba a parir ás mulleres da súa cidade.SATURNINA // SATVRNINA


Cando se admiten varias solucións para unha pregunta, as distinas solucións posibles aparecen separadas por ' // '